O Santander, vaise de Baltar

O Santander, vaise de Baltar

A Axencia do banco Santander decide abandonar a localidade de Baltar, para trasladarse a Cualedro.

Segundo manifestaron algúns dos seus clientes, isto non se entende, cando sabemos de certo que en Cualedro a axencia ten a metade de clientes que en Baltar.

COMERCIO, PEQUENA INDUSTRIA E XUBILADOS SEN SERVICIOS

Non solo os negocios da capitalidade están indignados por esta marcha. Tamén os pensionistas tanto de Baltar como dos pobos de máis arriba terán que desprazarse máis de 15 Km, para poder acudir a súa oficina bancaria.

Solo nos queda unha solución, manifesta a dendealimia unha veciña con negocio, cambiarémonos todos para a que queda aberta do BBVA, que ademais ten un rapaz que é moi atento e servicial cos clientes e cos veciños.