DIS QUE DIN que foi por flores e recibiu cardos
11:16 01/10/18
11:16 01/10/18
Así poderíamos definir a situación, segundo nos contan, do Concelleiro e Parlamentario Carlos Gomez, cando se dirixiu presto a reunión da asemblea da Pantalla, para explicar todo o feito pola súa concellería no acordo coa Deputación. Despois de explicar a súa versión, parece ser, segundo nos contan, e despois de explicar os membros presentes a súa, que nada tiña que ver ao parecer ca que o Sr. Concelleiro explicara. Neses intres a súa faciana mudou de repente, e tamén de repente lle entrou moita presa por marchar, como o do conto de… “marcho , porque teño que marchar”.