Concentración de veciños na praza Maior como repulsa ao novo crime machista en Galicia
23:30 10/02/20
23:30 10/02/20
Xa van 10 no que vai de ano, esta lacra ten que rematar algún día (Elvira Lama)
Ás 20:30 estaba convocada unha concentración na praza Maior para manifestar a repulsa do pobo e veciños de Xinzo do último crime machista ocorrido en Galicia que suma, a triste número de 10, no que vai de ano.
Elvira Lama dirixiuse aos presentes, para agradecerlle a súa presenza, coa intención por parte de todos, de que unha vez por todas se lle poña coto aos agresores e que cada un pague coa condena que lle pertenza, porque as agresións as mulleres non as vamos a permitir. Tolerancia cero ante calquera agresión machista.
Esperemos como tantas veces e desexamos que esta sexa a derradeira concentración que teñamos que facer.