"Xinzo" cumpriu con nota na EBAU 2020
18:59 09/07/20
18:59 09/07/20
Tanto o alumnado como a organización obtiveron unha boa cualificación
Hoxe remataron as probas da ABAU celebradas por primeira vez nos IES de Xinzo. Parece que as probas segundo comenta o alumnado que se presentou, os que fixeron os exames, non foron a pillar.
En xeral as probas resultaron “fáciles”
A ORGANIZACIÓN PERFECTA, A CALOR MOITA
Con respecto a organización todo funcionou perfectamente. Tan so a calor nas dúas tardes foi realmente moita, pero bueno xa pasou.
Todos os días que duraron as probas o concello mantivo unha patrulla da Policía Local nas horas de entrada e saída, así como nos descansos. Tamén axudaron membros de Protección Civil.