Óptica Penín pon as mellores tecnoloxías de visión á disposición da Limia

IMG_20200210_174704
Óptica Penín pon as mellores tecnoloxías de visión á disposición da Limia

Chega á terra limiá un avance tecnolóxico único no campo da visión: a plataforma multidiagnóstica Visionix VX120+, da man da Óptica Penín, situada na Avenida de Madrid de Xinzo de Limia.

Óptica Penín é un acolledor establecemento que leva anos velando pola vista de todos os habitantes de Xinzo. Fundada por Mª Isabel Gómez Díaz e con Noelia Díaz Díaz no equipo, destaca pola dedicación e o trato personalizado que recibe todo aquel que entra pola súa porta. Profesionais cunha titulación e un amplo e completo gabinete, fan desta óptica un espazo totalmente equipado no que depositar a túa confianza para algo tan importante como é o coidado da vista.

cats

Precisamente coa intención de seguir axudando a todos os veciños na súa saúde visual, Óptica Penín acaba de facerse cunha das novas e máis importantes tecnoloxías neste campo: a plataforma multidiagnóstica Visionix VX120+. Este avance supón unha mellora tanto a nivel de equipo de traballo como para os clientes da óptica, xa que terán ao seu alcance unhas revisións moito máis completas, ademais de outras moitas vantaxes.

VX120+ serve para realizar varios traballos, como diagnóstico e screening. Entre as súas características máis novidosas está a capacidade de realizar a graduación en múltiples condicións lumínicas, a diferenza da meirande parte dos aparatos encargados de facer revisións básicas. Ademais, tamén funciona na detección de glaucoma, cataratas e defectos na córnea, a partir da medición da tensión ocular, o espesor corneal e outros factores de influenza.

DETENCIÓN PRECOZ DO QUERATOCONO

IMG_20200210_174707Outra das súas funcións de maior importancia é a detección de Queratocono, que é unha deformación da córnea que no peor dos casos termina en transplante e require a valoración dun oftalmólogo. Na actualidade, estanse dando múltiples casos desta anomalía e moitas persoas non son conscientes de padecela. Gracias a esta plataforma, Óptica Penín pode detectar de forma sinxela a probabilidade de Queratocono e redirixir ao paciente a oftalmoloxía en caso de necesidade.
Diagnósico de ollo seco en menos de 90 segundos
A maiores, esta máquina ten a capacidade de diagnosticar ollo seco, unha patoloxía moi frecuente nos últimos anos debido a un estilo de vida caracterizado polo exceso de pantallas, luces e axentes alleos como aire acondicionado ou calefacción, entre outros. Calquera actividade desta índole na que se centre a atención nun punto, diminúe a frecuencia de parpadeo e isto fomenta o ollo seco. VX120+ detecta o grado desta doenza e o motivo, polo que permite elaborar e realizar un tratamento moito máis enfocado e concreto.

Todas as probas, resultados e informes almacénanse e arquívanse para facilitar futuras visitas dos clientes, coa posibilidade incluso de exportalas a calquera dispositivo en rede. Deste xeito, a óptica pode realizar o seu papel, que é fundamentalmente o de detectar e previr, dunha forma moito máis sinxela e cómoda para o que alí acude.

CONVENIO CO SERGAS PARA REVISIÓNS

IMG_20200210_174557

Ademais, co convenio existente co SERGAS, todas as persoas poden achegarse ao médico de cabeceira e reclamar o seu dereito a unha revisión na óptica que elixan de xeito gratuíto, servindo así tamén para desconxestionar as listas de espera. Como elemento complementario, Penín ofrece para aqueles que queiran pagar algo máis, unha revisión premium, como traballo de prevención.

IMG_20200210_174609Óptica Penín, en definitiva, diferénciase pola súa elevada preparación e un gabinete moi completo que favorece a detección de patoloxías oculares. Isto permite a deriva a oftalmoloxía ou neuroloxía antes de que se cause un dano irreversible na visión. Exames elaborados, adaptación de lentes de contacto especiais e feitas a medida en moito menos tempo ou unhas revisións de carácter avanzado son só algunhas das características que fan de Penín unha óptica a pé de rúa totalmente profesional e próxima para os veciños de Xinzo.
Sen dúbida, a incorporación da plataforma multidiagnóstica Visionix VX120+ é unha importante mellora tanto para Óptica Penín como para o pobo de Xinzo de Limia e a comarca da Limia. Nas zonas de campo a xente sofre moitas máis afeccións con motivo do polvo e o sol, polo que isto supón un paso máis a favor da saúde de todos os veciños.

Zona infantíl en óptica Penín