O Museo da Limia ampliarase para crear unha novo espazo cos obxectos agrícolas

O Museo da Limia ampliarase para crear unha novo espazo cos obxectos agrícolas

Segundo informa La Región, o Museo da Limia ampliará o seu espazo para crear unha nova sala adicada aos obxectos agrícolas que agora están expostos no patio. Dende o Concello mercouse con fondos municipais unha vivenda colindante co fin de reformala e unila ao museo.

Para financiación das obras desta reforma preténdese recorrer a fondos europeos e da Deputación de Ourense.

Así, o obxectivo será crear esta nova sala cos obxectos do mundo agrícola e por outra banda usar o patio do museo para futuras conferencias, exposicións e actos.