No desfile infantil participarán arredor de 1.500 alumnos de 20 centros da comarca

desfile infantil
No desfile infantil participarán arredor de 1.500 alumnos de 20 centros da comarca

O espectacular percorrido celebrarase este venres 17 de febreiro, a partir das 11.15 horas, polas rúas da vila

O Entroido de Xinzo de Limia tamén pensa nos cativos e cativas, que serán protagonistas dun espectacular desfile que se celebrará este venres 17 de febreiro polas rúas da vila. O percorrido comezará ás 11.15 horas dende os dous CEIP e preto de 1.500 alumnos e alumnas xuntaranse nas inmediacións da estación de autobuses. Contarase coa participación de todos os centros educativos do concello e doutros convidados da comarca. En total, serán unha vintena e encherán de cor o concello. Os nenos e nenas desfilarán acompañados da música das charangas. Cómpre destacar que os autores do cartel desta edición foron os nenos e nenas que cursan 5º e 6º de Primaria no CEIP Carlos Cid Arregui, en Rairiz de Veiga.

Nesta mesma xornada, para as 18.00 horas, programouse animación infantil a cargo de Troula Animación co seu espectáculo “Desembarco Pirata”.