A seguridade no Entroido é cousa de moita xente
Garda Civil, Policía Local, voluntarios de Protección Civil e Cruz vermella e tamén posto violeta así como ambulancia medicalizada.
Durante o desenrolo do Entroido, nos seus días grandes, varias son os colectivos que forman parte dun amplo dispositivo de seguridade, estudado e aprobado conxuntamente e que levan a cabo os corpos de seguridade do Estado e Policía Local primeiramente, pero que tamén están axudados por voluntarios como son os de Protección Civil, neste caso de Xinzo e por voluntarios da Cruz Vermella, que nesta ocasión viñeron de Ourense, Verín e Carballiño. Todos eles coordinados na noite do sábado polo posto ubicado no camión da Axencia Galega de seguridade do 112. (AXEGA).

Este ano, ao igual que nos últimos a organización do Entroido tamén instalou un posto chamado Punto Violeta, de axuda en caso de agresións sexuais.