Mañá inaugúrase en Xinzo a exposición "Os mundos de Carlos Casares"
A inauguración terá lugar ás 20 horas no Museo Galego do Entroido.
A expozición "Os mundos de Carlos Casares", trala súa itinerancia dende o mes de setembro por diferentes rincóns do país, chega finalmente a Xinzo de Limia, onde permanecerá.
Mañá venres, día 29 de decembro, a dous días de que remate o ano no que a figura do máis relevante escritor limián foi homenaxeada, terá lugar a inauguración desta mostra no Museo Galego do Entroido.
Mañá venres, día 29 de decembro, a dous días de que remate o ano no que a figura do máis relevante escritor limián foi homenaxeada, terá lugar a inauguración desta mostra no Museo Galego do Entroido. O acto inaugural estará presidido polo alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar e o presidente da Fundación Carlos Casares, Cavier Casares Mouriño.
O evento comezará ás 20:00 horas e será de carácter aberto. Esta exposición, central na celebración do Día das Letras Galegas 2017, consta de máis de 500 pezas, entre as que se poderán contemplar imaxes da infancia, notas manuscritas de Vicente Risco, un cinematógrafo con bobinas orixinais do autor, recortes de prensa e o seu certificado de voda, entre outras curiosidades persoais. A mostra divídese en cinco espazos para presentar os diferentes marcos nos que Casares relaciónase co mundo, explicando así cuestións fundamentais da súa vida, da súa promoción literaria e do seu compromiso con Galicia e as súas xentes. A cartografía resultante permite visitar a escena cultural galega nas cinco últimas décadas, recuperando unha visión do escritor e dos seus lugares que buscan conectar coas xeracións máis novas.
No día de hoxe o dendealimia.com pudo comprobar como avanzaban os traballos e obras de acomodo da exposición no Museo Galego do Entroido para que estea todo listo para mañá. Na imaxe superior pode observarse o traballo dos obreiros nas instalacións.
A exposición está patrocinada polo Museo Galego do Entroido, a Fundación Carlos Casares, a Deputación de Pontevedra, a Deputación de Lugoi, a Deputación da Coruña, a Deputación de Ourense, o Concello de XInzo de Limia e a Xunta de Galicia.