Curso de desfibrilación para Protección Civil de Sandiás
18:01 04/05/23
18:01 04/05/23
O pasado sábado celebrouse no Concello de Verín o Curso de Desfibrilación Externa Semiautomatica (DESA).
Como obxectivos deste curso destacamos o manexo efectivo dos desfibriladores co fin de aumentar as tasas de supervivencia, acortar tempos de reanimación e a desfibrilización precoz.
Fernando Gándara Gándara, diplomado e Master en Criminalística e cunha formación moi polivalente e especializada neste ámbito da Protección Civil, participou no curso e será o próximo presidente da Agrupación de Protección Civil Local de Sandiás ampliando e renovando o equipo de voluntari@s así como o proxecto de actuacións e a organización desta área de intervención social tan importante.