O PP de Xinzo sofre por mor de fogo “amigo”

Grupo Popular de Xinzo
O PP de Xinzo sofre por mor de fogo “amigo”

Xa todos sabemos que o PP de Xinzo, está a percorrer o deserto da oposición dende fai dous anos, despois de moitos de gobernos continuos, e polo que se pode albiscar aínda vai estar uns cantos máis “pagando e penando” as súas culpas. Pero unha cousa é que teña que pasar, fame, sono e sede e outra peor é que dende os seus lle manden de cando en vez torpedos para que o seu rexurdir cada vez se poña peor.

Grupo Popular de XinzoClaro que eles están contentos conque un dos seus proxectos estrela “a circunvalación” xa estea rematada. Claro que outro dos proxectos estrela durante os últimos anos cal é o da Moreira se leve a cabo nesta lexislatura con apoio importante dos gobernos amigos da Deputación e Deportes da Xunta, cousa que antes non ocorreu así.

Pero o último bombardeo “amigo” acaba de acontecer esta mesma mañá cando levaron unha grande “rifa” e acusación por parte dos compañeiros de corporación por mor da “paralización” da colaboración da Deputación no asfaltado de pistas. Cónstame, se non me minten, e creo que non, que afectivamente os membros do PP de Xinzo non sabían nada desa paralización. Entón solo caben dúas saídas, ou que a Deputación non deu por recibida a documentación esixida. Neste caso a nota de prensa sobraba... ou que o concello se apresurou a “vender” algo que aínda non estaba completamente pechado por trámites administrativos. E tamén por “vender” como “bacheado” algo que cos titulares ben se pode pensar que o que van a facer son novas autovías aos pobos.

En calquera das dúas posibilidades prantexadas , o PP de Xinzo ten difícil a explicación de que eles non tiveron nada que ver nesa paralización, que sómente é iso unha paralización. Todo isto, se os motivos do feito son os que expoñen tanto a Deputación como o Concello.