XINZO XA TOMOU DECISIÓNS COA CELEBRACIÓN DOS DOMINGOS ANTERIORES AO ENTROIDO 22

FARELEIRO2
XINZO XA TOMOU DECISIÓNS COA CELEBRACIÓN DOS DOMINGOS ANTERIORES AO ENTROIDO 22

VOLTA O ENTROIDO POPULAR, SEN ORGANIZACIÓN

O Entroido é libre e esporádico e libre. Todo veciño pode facer o seu Entroido, mentres cumpra coas medidas sanitarias de cada momento.

A comisión do Entroido acaba de comunicar nas súas redes algunhas aclaracións sobre os domingos previos ao Entroido e sobre algunhas cuestións nos días grandes do mesmo.

NON-SI PETARDAZO

O que comunica a comisión simplemente é que o Concello NON porá música nin haberá discurso dende o balcón municipal, pero SI o reloxio fará a conta atrás e ninguén prohibe neste momento e con estes protocolos que a xente acuda a praza (gardando distancias) e traer a música propia, así como danzar ata as 3 da mañá. Así mesmo os bares e locais de copas estarán abertos ata esa mesma hora, e serán os propios veciños e visitantes os que celebren a festa a súa maneira.

NON-SI AO FARELEIRO

O mesmo que o día anterior, o concello, como organizador da festa NON repartirá fariña para que a xente o celebre como de costume. Pero SI a xente individualmente poderá achegarse a praza e botar a fariña que traia en calquera recipiente.

NON-SI AO OLEIRO

Da mesma maneira, a organización oficial do Entroido (O Concello) NON contratará grupos de música para acompañar a todos os que se acheguen ata a praza un día máis de festa e traer a súa propia ola.

Como reflexa na nota a comisión O Entroido é libre e esporádico e libre. Todo veciño pode facer o seu Entroido, mentres cumpra coas medidas sanitarias de cada momento.