Resolución de confitos na escola e na casa
20:52 10/05/22
20:52 10/05/22
Organizada polo CEIP ROSALÍA DE CASTRO onte a tarde
Onte luns pola tarde o Ceip Rosalía de Castro organizou unha charla formativa, para familias e docentes, sobre Resolución de Conflitos. Ferramentas prácticas pra xestionar os conflitos diarios: Rebeldía, frustación, autonomía, comunicación; dentro da Escola de Familias que desde o centro veñen organizando dende antes da pandemia.
A charla acudiron máis de 50 persoas entre docentes e familias, onde da man de Rocío Álvarez (directora de Escuela de Emociones, mestra e Terapeuta) puideron vivenciar a través de varias dinámicas como resolver conflitos empregando a disciplina positiva.
Familias e docentes levaron consigo algunhas ferramentas para poñer en práctica na vida diaria.