De cea para celebrar o fin de curso

3º esos
De cea para celebrar o fin de curso

Os alumnos/as de 3º E.S.O. do Cidade de Anquía foron de cea

Nunha noite máis que calorosa os alumnos/as de 3º de E.S.O. do Instituto Cidade de Antioquía de Xinzo, foron celebrar o fin de curso. Aínda que todos estaban de festa, recoñeceron que non tódolos que alí estaban tiñan que celebrar o das notas, pero no que si todos estaban de acordo , e así pediron que o dixeramos, estaban a celebrar que teñen a mellor profesora que existe no Insti. Chámase Xosefa, e é veciña de Baronzás. Con estes datos xa non hai máis que contar.