O Auditorio será una realidade nesta lexislatura

Amador Díaz revisando documentos da alcaldía
O Auditorio será una realidade nesta lexislatura

As arcas municipais non están moi ben, pero xa estamos acostumbrados

A tan solo 24 horas de tomar realmente “posesión” do sillón municipal, parece que xa está moito traballo feito. No día de onte, a primeira reunión dos dous partidos que conforman o grupo de goberno de Xinzo foi suficiente para conformar todas as concellerías, cuestión que segundo nos manifestou esta mesma mañá nas súas primeiras declaracións, simplemente fomos escollendo cada una das persoas polas súas preferencias e tamén por os perfis que cada un ten. Todo foi moi rápido e sin ningún problema.

Eu pedinlle a todos os concelleiros que conformamos o gobernó municipal que se puxeran a traballar dende aquel mesmo momento, cousa que xa pudemos comprobar por exemplo coa nova concelleira de deportes que na tarde de onte xa se foi presentando a todas as persoas relacionadas co deporte e coas instalación deportivas que hain a vila.

20230620_091400

O primeiro dia como foi?

Foi satisfactorio. Empezamos a toma de contacto con asuntos que temos encima da mesa, normais e diarios dando continuidade.

Como están as arcas municipais?

Pois as arcas non están moi ben, pero estamos acostumados a traballar con esta presión e esperamos estar a altura para seguir facéndoo.

Xa pasaron dous dias, xa pasaron as tensións da toma de posesión que non estivo a altura do que debería ser ?

Eu xa dixen onte que era borrón e conta nova, que a imaxe que demos de Xinzo non é a que merece Xinzo, e que agora simplemente lle hai que demostrar a xente con feitos e traballo, esa é a miña intención.

Un día contara como foron eses pactos? Porque as interpretacións son totalmente distintas

Eu non vou a entrar en criticas nin a facer ningún tipo de aclaración. Simplemente si digo que estando nun goberno cuadripartito, no que estivemos dando apoio, eu creo que non era preciso xuntarse catro veces para facer un pacto, é a miña humilde opinión, e o mellor dentro desas negociacións permitiron unhas verbas mais co PP, houbo mais tempo para falar co Partido Popular, e puxéronse na mesa cousas importantes para este pobo que foi o que fixo que se tomara esa decisión.

Xa podemos saber algunhas de esas cousas que vostede anunciou despois da investidura, porque estamos todos expectantes por saber cales son eses proxectos.

Eu non vou a dicir a totalidade dos proxectos, pero si que che podo dicir por exemplo que o auditorio vai a ser unha realidade. Amén de que hai moitos mais, este ano xa pretendemos facer dúas actuacións importantes, témonos que por a traballar, temos que ir a Santiago e ir a Ourense e empezar a facer grandes proxectos para Xinzo que é o importante.

O auditorio podemos dicir que esta comprometido nese pacto?

Si señor

Pódese falar dunha pista tamén importante ou non?

A pista armada é un obxectivo para xa, dado o estado no que está, o trafico pesado que pasa por ela. É un obxectivo para este ano, a ver si somos capaces de sacalo.

Pero esta no pacto ou non esta no pacto?

Esta no pacto

Entón son dúas cousas importantes. Ten medo de esas outras obras que están apalabradas, algunha delas xa no BOE, falamos da Avenida de Ourense, que poidan reverterse?

20230619_090831

Pode darse o caso, eu quero entender que hai un compromiso con Xinzo, e dicir naquel momento estaba Elvira o mando, o partido socialista, pero o compromiso é cos cidadáns de Xinzo. Co cal o feito de que se convocaran eleccións o mellor non permite a adxudicación de ese proxecto, pero eu creo que debería seguir, que vai adiante.

Falando de cousas conflitivas, a feira haberá cambio?

Onte falamos xa dela, estamos traballando e estudarase profundamente. Hai que estudialo, así llo diremos as persoas que se reúnan con nos. Onte xa estivo encima da mesa e nun mes ou par de meses lle buscaremos unha solución que contente a uns e a outros, esa é a intención.

Que mais cousas se puxeron así por enriba da mesa?

Pouco mais, eu solo lle pedín os concelleiros que traballen profundamente polo seu pobo e que sexan eles os protagonistas e nesa liña comezamos esta nova andadura.

Polas primeiras declaracións do primeiro edil municipal encargado de dirixir a nave durante os catro anos, e despois de escoitarlle dous dos proxectos que están asinados por administracións superiores co compromiso de levalos a cabo, pódese entender un pouco máis os pactos que se levaron a cabo.