A Escola Rural de Saúde da Limia únese á Feira do Comercio

A Escola Rural de Saúde da Limia únese á Feira do Comercio
Realizaranse medicións da tensión arterial e da glucosa en sangue durante os tres días de feira

A Escola Rural de Saúde da Limia asistirá á Feira do Comercio Prolimia durante os tres días de feira, 26, 27 e 28 de agosto.

A Asociación realizará medicións da tensión arterial e da glucosa en sangue. Os horarios nos que as levarán a cabo serán: ás mañás de 11:00 horas a 13:00 horas, e pola tarde de 17:00 horas a 20:00 horas.

Dende a Escola Rural de Saúde da Limia únense a esta feira de exaltación do comercio local de Xinzo.