Dis que din que o PP de Xinzo, perdeu un “peso pesado” de cara ás próximas eleccións

Dis que din que o PP de Xinzo, perdeu un “peso pesado” de cara ás próximas eleccións

A pouco menos de ano e medio para as eleccións municipais no Partido Popular de Xinzo acaba de comunicar a súa baixa definitiva o que durante os últimos                                10 anos formou parte do equipo de traballo do mesmo, comezando coa presidencia local das novas xeracións do partido e chegando a ser presidente provincial dos “cachorros” do PP.
Na súa conta de faceboock, Jose A. Parente anunciou a súa renuncia :
Veño de presentar a miña renuncia como presidente local de Novas Xeraciòns de Xinzo, logo de que en Marzo xa o fixera como presidente provincial, tamén de comunicarlle ao partido a miña baixa de afiliaciòn. Atrás quedan 10 anos de servir día e noite, de luces e sombras , de éxitos e algunha derrota, de coñecer e aprender de moitas personas , de amizades , pero a línea que o partido está a levar , unido as ultimas decisión do mesmo, lévame a tomar esta decisión. Desexar a mellor das sortes !!!.

Bastantes adhesións as que contestou persoalmente, afirmando nunha delas que a decisión case a tiña tomada, pero o que o último acontecemento para facelo desta maneira foi o nombramento de Carlos Gómez como Presidente da Xestora, ao que non se corta en cualificalo como “personaxe”.

Finaliza a contestación nas súas redes que o PP, está perdido dende que se esqueceu de políticos como Isaac Vila, Daniel ,Antonio....

Algún destes respóndelle agradecendo o traballo que realizou o seu carón e o máis interesante cando di que entendo a túa postura.