Camiño da eficiencia enerxética 100% renovable e contaminación ambiental CERO

Reducir esta dependencia das fontes de enerxía non renovables levounos a solicitar á Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia (IRPF Investimento 2022) unha axuda para a instalación de paneis fotovoltaicos no centro Lodoselo e a colocación de persianas de illamento en fiestras e portas. Tamén para a adquisición dun forno novo de maior capacidade debido ó continuo aumento das persoas beneficiarias do servizo de xantar a domicilio
Este empeño pola eficiencia enerxética e unha mellora no acceso ás enerxías renovables e non contaminantes non é novo no noso andar. Xa no seu momento se puxeran paneis solares térmicos (auga quente, calefacción chan radiante) e hai uns anos aerotermia. Todo isto axúdanos tamén nas actividades de educación ambiental, con exemplos prácticos observables de forma directa.

Trátase duns investimentos que asumimos con fondos propios e cofinanciado pola consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto dobre a renda das persoas físicas (IRPF Investimento 2022): 8.894,40€ (Fotovoltaica), 3.475,79€ (Persianas) e 11.910,94€ (Forno). Total: 24.281,13€. O custe total ascendeu a 43.433,19€.