Dis que din….que Ricardo Sieiro non ten pensado o que facer

Dis que din….que Ricardo Sieiro non ten pensado o que facer

O nº 10 da lista do PP ás eleccións municipais de fai 3 anos en Xinzo, Ricardo Sieiro, din que está a “deshojar la margarita” do seu futuro como concelleiro da corporación Limiá , unha vez feita efectiva a renuncia de Antonio Pérez.

Pte. comisión entroido 2016Varias foron as chamadas, segundo puido confirmar este xornal que recibiu dende a nosa vila, algunha de algún concelleiro para interesarse pola súa decisión. Recordar que nestes momentos Sieiro atópase traballando en Alemania.

Tamén son varios os medios de comunicación os que comentan as posibles reaccións a súa incorporación, sobre todo por parte dos membros do grupo de Xinzo Adiante, posto que ata semanas anteriores a confección das listas, Ricardo pretendía formar parte desta formación política.

Tamén dende a propia secretaría do Concello intentaban esta mañá poñerse en comunicación con el para proceder a enviarlle a documentación pertinente como seguinte concelleiro na lista do PP.