O dos Raparigos da Torre é puro teatro

Teatro 1
O dos Raparigos da Torre é puro teatro
Os pequenos deste grupo de interpretación limiao estiveron de estrea o pasado sábado en Porqueira REDACCIÓN redac@dendealimia.com Porqueira foi escenario de excepción para...

Os pequenos deste grupo de interpretación limiao estiveron de estrea o pasado sábado en Porqueira

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Porqueira foi escenario de excepción para a estrea de “Zon Galo Kiriko” e “A Ratiña Presumida”. Estas obras foron interpretadas con moito talento e ilusión polo grupo de teatro limiao Raparigos da Torre, integrado por pequenos de entre sete e once anos, que a pesar da súa corta idade destilaron profesionalidade.

Estes actores e actrices tan noviños están dirixidos por Manoel Fontemoura e levaban sete meses preparando este espectáculo. Unhas obras que fixeron as delicias de todos os presentes, que non soamente ateigaron o salón ata os topes, senón que tamén aplaudiron a fartar.