Boado Campión
Como non ¡¡¡, comenzamos este resumo da xornada, falando do ben merecido ascenso do Boado. Xogou contra un Maceda que pouco puido facer contra as gañas do equipo local.O partido acabou cun 6-1 a favor do Boado que na primeira media hora xa tiña o partido encarrilado.Logo adicou o tempo restante as ovacións dos xogadores locais e tamén os menos habituais.
Agora xa a pensar en altas e baixas de cara a vindeira temporada e facer un bo proxecto futbolístico. A historia deste equipo comezou coa xuntanza duns xoves inquietos con gañas de xogar o fútbol e crear un equipo en 3ªrexional.Eles,Parada(Loco Fenoy),Delfin e Gerardo os irmáns de Boer e o sempre cumpridor porteiro Villa.
O equipo vota dous anos en 3ª, pero no segundo consigue o obxectivo de subir a 2ª categoría sempre partindo dunha base con grandísimos xogadores deste pobo como, Pablo alias Pimba,o magnifico Fernando e o gran pequeno Sergi(Mostovoi).Xa en segunda fai un equipo que na primeira tempada nesta categoría e con xogadores xa de relembro quedan 4º clasificados. Este ano xa contan con Pisto,Vispo,Pablo Curras etc etc, xente cunha enorme categoría.A partir deste momento xa deciden ir polo ascenso e fichan un gran adestrador, que o meu modo de ver sen él non se conseguiría este obxectivo ,retocando o equipo cun par de fichaxes moi bos.
Dendealimia.com damos a mais norboa a un club tan humilde coma este que xa se encontra cos mellores da provincia . Dende agora mesmo supoñemos que seguiran na loita.
-Agora tócalle ó equipo da nosa vila o todopoderoso Antela que ten que gañar, si ou si, para ir tranquilos a Paderne. Desexámoslle moita sorte.
Este fin de semana conseguiron unha valiosa vitoria ante o Piñeira, resultado que fai que ó equipo de Amador Diaz teña mais preto o descenso a 3º rexional debido os arrastres.
Solo salientar a amarga vitoria do equipo Antelano que tubo a desgracia da lesión dun dos seus mellores xogadores deste ano, o noso amigo Javito(Dasy).Nin que dicir que desexámoslle unha boa e rápida recuperación e esperar que o Piñeira teña un detalle con este xogador. Estamos seguros que ós compañeiros lle dedicaran o ascenso e a copa.
-O Cualedro logrou unha grande vitoria ante o Maceda (6-0) e xa solo pode esperar que os arrastres o salven de baixar de categoría .
-O Porqueira viaxou a Viana con 11 xogadores xustos e caeu derrotado.
-Ós equipos que ascenden elle fácil ir xogar e estar alí disfrutando.Os equipos da abaixo pásano mal, polo abandono dos seus bos xogadores, pero no fútbol unha vez estas arriba e outra abaixo por iso e moi fácil subirse o carro do Boado ou Antela agora que todo sae ben e non ir co Porqueira que esta descendido. Como se soe dicir así e o fútbol .por desgracia.
ÁNIMO JAVITO