“O Principiño arredor do mundo”, no Museo do Entroido en Xinzo
22:45 08/12/17
22:45 08/12/17
Colección de Carlos Casares
Dende onte está aberta unha exposición dedicada aos libros que conteñen o Principiño de Antoine de Saint-Exupéry .
Carlos Casares foi o encargado de traducilo ao galego no ano 1972 e dende ese momento o autor galego quedou enganchado e por cada país que recorría foi comprando exemplares en todos eses idiomas , que son os libros que agora se presentan na exposición.
A exposición atópase no Museo do Entroido de Galicia, dentro dos actos de homenaxe a Carlos Casares e que poderá ser visitada no horario de apertura do Museo.