Dúas persoas atrapadas nun coche a causa dun accidente na estrada que une Xinzo e Celanova
16:16 05/03/16
16:16 05/03/16
O aviso rexistrouse ás 15h deste mediodía cando un particular alertou ós servizos de emerxencia dunha saída de vía.
Un vehículo envorcou na estrada que une Xinzo e Celanova, a 500 metros da rotonda dirección Celanova.
Como consecuencia do accidente, dúas persoas quedaron atrapadas no interior do vehículo e os bombeiros de Xinzo tiveron que intervir para liberalas. Os feridos foron atendidos polos servizos médicos que se desprazaron nunha ambulancia do 061.
Ata o lugar dos feitos tamén acudiu a Policía Local de Xinzo.
Con este xa se elevan a catro os sinistros que se rexistraron na Limia ó longo desta semana.