Volve o proxecto de restauración da casa rectoral de Santa Comba de Bande

Volve o proxecto de restauración da casa rectoral de Santa Comba de Bande

A restauración da casa rectoral de Santa Comba adxudicouse o pasado 22 de xuño á empresa Patrimonio Inteligente S.L. A anterior empresa renunciara a ela. A restauración consistirá en convertir a rectoral nun espazo museístico e de restauración e hostalería. A inversión para o proxecto ronda os 424.000 euros.

Foi en 2021 cando xurdiu este proxecto e consistirá na creación de varios espazos adicados ao turismo: un espazo de interpretación e xestión de visitas ao templo anexo do século VIII, unha zona de uso parroquial e social e unha terceira de servizos.

“Estamos moi contentos, para nos é un proxecto moi importante que nos permitirá mellorar e darlle máis valor ao templo visigodo, á vez que se reforza o turismo con servizos”, resaltou a alcaldesa, Sandra Quintas.

Daquela, con este novo uso do espazo, ampliarase a oferta de prazas hostaleiras en Bande. O proxecto acordado inclúe un bar-restaurante e unha pousada, de dous cuartos amplos con oito camas en liteiras, que suplirán a carencia deste tipo de servizos e ampliarán os recursos para turistas e peregrinos.