Forte discusión entre Gandeiros e Auga Limpa Xa

IMG-8642
Forte discusión entre Gandeiros e Auga Limpa Xa
Ao lugar tiveron que asistir a Garda Civil e a Policía Local

Entre o rebumbio de decenas de persoas que ían comprar á feira deste 14 de agosto produciuse un encontronazo entre os membros da plataforma Auga Limpa Xa e os gandeiros de ADEGAL, no que tivo que intervir a Garda Civil e a Policía Local.

Dende Auga Limpa Xa, colectivo constituído por veciños e profesionais do sector agrario e forestal, decidiron montar unha mesa informativa co obxectivo de recoller sinaturas para pedir unha moratoria na instalación de novas explotacións gandeiras e a correcta xestión dos residuos que xeran as explotacións xa existentes na Limia por mor da contaminación da auga de consumo humano. Un integrante da plataforma sinala que o último informe do ministerio do medio ambiente constata que as augas, en varios puntos de Xinzo, están contaminadas por culpa dos residuos das granxas que non se xestionan correctamente, ''o único que pedimos é que non se constrúan máis granxas e que os residuos das granxas que están en funcionamento se xestionen''. Dita contaminación é o resultado de que, segundo afirman, a auga exceda o nivel máximo de nitratos permitido pola Unión Europea de 50 miligramos por litro, habendo análises nos que se chega aos 55 ou inclusive aos 90 miligramos por litro. Con respecto á discusión que tivo lugar na Rúa San Roque sobre ás 12: 40, afirman que algúns membros de ADEGAL ''orquestraron unha concentración con ameazas e insultos cara nos, para sacarnos de ahí''.

IMG-8638IMG-8610