Un concerto soberbio e cheo de enerxía
22:40 27/01/14
22:40 27/01/14
Así definía A Corte dos Bois na súa páxina de Facebook a actuación de Bestlife (under your seat) do pasado...
Así definía A Corte dos Bois na súa páxina de Facebook a actuación de Bestlife (under your seat) do pasado sábado
REDACCIÓN
redac@dendealimia.com
Querían rock and roll. E iso foi o que atopou o público que ateigou o pasado sábado A Corte dos Bois no concerto de Bestlife (under your seat). Estes mozos ourensáns encheron a taberna-tenda de Santa Ana coa forza das súas guitarras, interpretando os temas dos seu primeiro EP, que vía a luz en novembro do ano pasado e que leva por título Taking you back home.Para os organizadores do evento, a hora e media de espectáculo ofrecida por esta banda de indie rock foi soberbia e chea de enerxía. Unha opinión que aseguran comparten todos os que estaban alí, a pesar do declarado polos compoñentes do grupo que confesaban que non lles convencera a súa actuación. Unha apreciación a destes músicos que sen dúbida contrasta co entusiasmo mostrado polo seu auditorio.
E na Corte non para a música. O próximo venres haberá máis, desta volta tradicional, da man de Maghuá desde as 22.30 horas da noite.