Entroido en Xinzo no ano 1914

10991193_10153106060173256_1415305032754446145_n
Entroido en Xinzo no ano 1914

10991193_10153106060173256_1415305032754446145_nComezo a escribir este artigo na véspera do domingo fareleiro deste ano. Achégase a nós, a grandes alancadas, o noso tempo de entroido, motivo de orgullo dos limiaos todos. Cando eu era neno, devecía pola chegada deste tempo para poñer a pantalla e troulear cos amigos pola praza. Sendo tan rapaz, na casa procurábanme gardar a vexiga do porco cando a matanza.

Lembro moitas historias do entroido, mais, unha vez pasada a adolescencia, sempre houbo unha cousa que me intrigou en forma de pregunta. Como sería o entroido cando comezou? Como esta cuestión resultaba talvez moi difícil de responder, sempre me imaxinei a organización do entroido en tempos pasados.

Como xa teño contado máis veces, non é estraño que para escribir algunha cousa ande a remexer en libros e papeis na procura de datos que me poidan ser de utilidade. Hai uns días, caeu nas miñas mans un libro dixital sobre liortas políticas, no que viñan unha serie de artigos variados. Chamoume, por exemplo, a atención un deles, no que se narraban uns feitos acontecidos en 1914, ano en que comezou a primeira guerra mundial. Concretamente falaba dos graves sucesos en Valencia durante o entroido, por mor das subidas de impostos contempladas nos orzamentos municipais10993445_10153106060348256_9084586314308290949_n. Seica foi tanta a lea, que o sábado día 21, tan só a 48 horas del Martes de Carnaval, los gremios de carniceros decidieron dejar de matar reses en protesta contra los nuevos presupuestos municipales, tal como se relata no artigo. A cousa ten o seu aquel, sendo como é o entroido época de excesos gastronómicos. Todos os gremios da cidade convocaron unha manifestación para o luns de entroido, e o día vinte e catro, martes de un Carnaval muy deslucido pero que no se suspendió, os incidentes foron cada vez a máis, ata que o mércores de cinsa houbo un paro patronal en toda a cidade e moitas algaradas na rúa, xunto con cargas de la caballería, carreras de los revoltosos, destrozos, pitas, apedreamientos, heridos y disparos aislados.

Recoñezo que cando rematei de ler o artigo, tiña dentro de min un algo de preocupación por se na miña vila houbese leas semellantes. Aquel ano de 1914, no que gobernaba en España Eduardo Dato, era dabondo complicado. Por iso, cando pouco máis tarde atopei este artigo de La Voz de Galicia, do catorce de febreiro (día dos namorados, non sei se habería daquela moita xente que o celebrase) quedei un pouco aliviado:

\“Con extraordinaria fastuosidad se celebrarán los festejos de Carnaval en Ginzo de Limia. Para ellos han contratado a la banda La Lira, de Ribadavia, tan aplaudida el verano pasado en La Coruña. Además se organiza una magnifica comparsa\”. 10968476_10153106060103256_7952089502327415875_n

Non atopei máis noticias referidas ó entroido de Xinzo de 1914, así que quero supoñer que a festa foi rachada, tal como imaxino será tamén a deste ano, máis dun século despois.

Rafael Laso Lorenzo

PD.- As fotos son da publicación de Carlos Gómez Salgado Vedmar