Comeza o festival LIMIA SONORA
23:22 15/07/20
23:22 15/07/20
Habitación Vudú e CHUPADESKAY o 17 e 18
O 17 de xullo ás 23:00 os compoñentes de Habitación Vudú abrirán o telón dos concertos de verán que ten programados o Concello de Xinzo.
Ao seguinte día 18, sábado a mesma hora subirán ao escenario da praza Carlos Casares os compoñentes de CHUPADESKAY.
Os próximos concertos serán o 15 de agosto co grupo GUEZOS e o 29 de agosto pecharán estes concertos de verán o grupo GRILO.
Limia Sonora está organizado por Escena Sonora e o Concello de Xinzo coa colaboración de Protección Civil.
Os aforos serán limitados e coas medidas anticovid-19. A entrada será de balde.