Xinzo achegará 4 participantes ao Campionato de España de Kickboxing

IMG_1347
Xinzo achegará 4 participantes ao Campionato de España de Kickboxing

Este pasado sábado, día 1 de abril, celebrouse o Campionato Galego de Kickboxing 2017 na proba de Lightcontact –contacto lixeiro– da Federación Deportiva Galega de Kickboxing, que se levou a cabo na pista central do Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.

Este pasado sábado, día 1 de abril, celebrouse o Campionato Galego de Kickboxing 2017 na proba de Lightcontact –contacto lixeiro– da Federación Deportiva Galega de Kickboxing, que se levou a cabo na pista central do Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.

O evento, organizado pola Fundación Cipri Gomes en colaboración coa Federación Galega, contou coa participación de 250 deportistas de idades comprendidas entre os 7 e 40 anos en ámbolos dous sexos, pertencentes a máis de 40 clubs deportivos con representación das catro provincias de Galicia.

IMG_1356

A xornada de competicións desenvolveuse en dúas sesións. Na mañá tiveron lugar as eliminatorias e xa pola tarde tivo lugar a disputa das 52 finais, das diferentes categorías e pesos, concluíndo co acto de entrega de medallas aos participantes. a este acto asistiron –e fixeron as honras de entrega de diplomas– medallas e placas, os diferentes representantes das diferentes institucións públicas, entre os que destacaban a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Dna. Marta Míguez; o Vicepresidente da Deputación de Ourense, D. Rosendo Fdez.; o Concelleiro de Deportes de Ourense, D. Mario Guede; e o Alcalde de Ourense, D. Jesús Vázquez –ao que lle foi entregado polo Pte. da entidade organizadora e excampión mundial de kickboxing –o ourensán Cipri Gomes– a distinción federativa de Cinto Negro Honorífico de Kickboxing da Federación Galega de Kickboxing, pola súa contribución á promoción e desenvolvemento deste deporte.

IMG_1352

A escola de Kickboxing de Xinzo achegou a este campionato a 13 deportistas, obtendo 11 medallas. Obtiveron o ouro: Lida Méndez, Diego Gándara e Melani Sirley. A prata conseguírona: Laura Muíños, Abderraman Nouri, Roberto Cerdeiro, e Assia Nourí. O bronce foi logrado por: Paula Quintas, Martín Seguín, Hugo Araujo e Asma Nouri.

Ourense. 01-04-17. Deportes. Campionato galego de Kick Boxing no Paco Paz.
Foto: Xesús Fariñas

Os campións galegos de cada categoría e peso representarán a Galicia no próximo Campionato de España de Kickboxing, que se celebrará os días 20 e 21 de maio, na localidade alacantina de Benidorm, e ao cal a escola de Xinzo achegará 4 membros como actuais campións autonómicos.