Atractiva e abundante programación cultural e deportiva do que queda de verán en Xinzo
Foi presentada esta mañá co presenza do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta
Aproveitando o festivo local, esta mañá foi presentada a programación cultural e deportiva programada dende o concello para o que queda de verán. No acto estiveron ademais do xa nomeado Director Xeral, o Alcalde e os concelleiros de Cultura e de festexos, así como o director do espectáculo “Camiñantes e Cantantes” da OCABAND

A maioría dos espectáculos está financiado por Política Lingüística e pola Deputación.
O CIRCO DO SILENCIO

O primeiro dos espectáculos que chegarán a Xinzo será o Circo do Silencio un xogo de ESCAPE ROOM ideado para que os máis mozos participen.
En sesións sucesivas de 30 minutos nunha pequena carpa circense instalada na praza de Carlos Casares . Está pensada para catro xogadores en cada quenda, que terán que resolver en equipo unha serie de enigmas para completaren a misión final.
A actividade parte da historia dun circo máxico que perdeu todas as palabras que lles permitían falar cos animais e crear espectáculos incribles. Os participantes interpretan un grupo de detectives contratados para investigaren o roubo. Terán que atopar pistas, resolver enigmas, descifrar códigos e xogar coa lingua para recuperar as palabras e devolverllas ao circo.
Chegará a Xinzo o día 20 dende as 11:00 ata as 20:00.
CAMIÑANTES E CANTARES

O mesmo día de Galicia, 25 de xullo no barrio do Polígono a partir das 21:00 poderemos ver o espectáculo musical no que a OCABAND fará un percorrido pola música galega de todos os tempos, Andrés Dobarro, Juan Pardo, Fuxan os ventos etc, e que no caso de Xinzo estarán tamén presentes e participando do espectáculo Pili Papín, Manuel Manquiña e Pepe Suevos.
LIMIARTE 23
Patrocinado pola Xunta de Galicia os sábados do mes de xullo e agosto irán pasando diferentes espectáculos máis dirixidos aos cativos que se engloban dentro de “Un verán de lingua e arte.
Por último xa se adiantou a participación por primeira vez, dentro da programación da Festa do Esquecemento do Bruxo Queimán.
Tamén Carlos Gómez presentou a programación deportiva para as semanas vindeiras.
Amador Díaz agradeceu a presenza do Director Xeral e aproveitou a ocasión para invitalo a que estee presente na celebración da Festa do Esquecemento, invitación que recolleu gustoso.