Sheila Carnero encandeou ao público coa historia da súa novela
Cándido Paniagua, actuou de introdutor sacando o mellor da escritora
A tarde de onte en pleno mes de agosto, non parecía ser o mellor día para presentar unha novela “xuvenil” en Xinzo, pero como soe ocorrer nalgún dos casos, neste a afluencia de público, para o que se acostuma por estes lares, estivo máis que aceptable.

Moitos veciños e veciñas, sobre todo da zona de Piñeira, os que arrouparon a escritora Sheila Carnero, que aínda sendo de Bizkaia, síntese moi galega e da Limia.

Cándido, foi coas súas pregustas indagando na idea e nas reviravoltas da novela, que non pretendía a escritora que fose unha continuación da primeira, e que ao parecer, non se vai quedar ai, pasando a ser unha triloxía.
Moitos foron os que tiveron que gardar cola para que lles asinase as dúas novelas, entre eles o alcalde Amador Díaz, que tamén é desa mesma zona.