Camilo Vila, reuniuse coas ANPAS dos centros escolares de Xinzo
As reunións serviron para sentar as bases da medida que o Bng de Xinzo chamou “Familias365” e que xa está presentando á veciñanza.
Nos últimos días a parella formada por Vila e Pozo reuníronse con representantes das Anpas do Ceip Rosalía de Castro, do Ceip Carlos Casares e do IES Lagoa de Antela para analizar a situación das asociacións e estudar vías de solución ás problemáticas.
Os encontros desenvolvéronse coa máxima cooperación en parte pola traxectoria de Manuel Pozo como presidente da Anpa do Ceip Carlos Casares ata 2021. Camilo Vila, pedagogo de formación, puido saber de primeira man a crecente necesidade de apoio á conciliación das familias de Xinzo, tanto en horario de mañá coma de tarde.

Traballouse tamén arredor da conveniencia dun servizo de orientación ás familias no acompañamento educativo dos seus fillos e fillas cando sexa preciso.
As reunións serviron para sentar as bases da medida que o Bng de Xinzo chamou “Familias365” e que xa está presentando á veciñanza.