A XUVENTUDE DE XINZO, PREOCUPADA POLO FUTURO
A mocidade de Xinzo identifica a dificultade para acceder a vivendas e traballos de calidade como obstáculos para vivir aquí.
O acto de Galiza Nova respondeu ás expectativas cunha elevada calidade das intervencións e unha activa participación.
Esta mañá a xente nova de Xinzo estivo no café cultural Ítaca para falar sobre as súas necesidades no concello. Nun acto de máis de dúas horas de duración reflexionaron, debateron e formularon propostas para reestructurar o seu futuro en Xinzo e conseguir así quedar e formar unha vida digna no rural.

A intervención estivo dividida en catro bloques: educación, deporte, ocio e vivenda. As persoas asistentes fixeron numerosas aportacións construtivas, elaborando finalmente unha orde de prioridades nas urxencias para o seu futuro. A representante de Galiza Nova, Xaira Pena, valora a xuntanza dicindo "sabiamos que a mocidade de Xinzo ía responder, e respondeu". Ademais aporta que "por fin podemos dar voz e representar á xente nova dunha maneira real e xusta e poñémomos inmediatamente a incorporar este coñecemento ó proxecto que lidera Camilo Vila". O acto concluíu animando á xuventude a participar activamente na vida política.
