Sandiás organiza unha carreira e unha andaina en plena natureza do concello

sandias
Sandiás organiza unha carreira e unha andaina en plena natureza do concello

A cita deportiva será o 2 de xullo previa inscrición na páxina web GaliTiming

O Concello de Sandiás organiza un evento deportivo para descubrir a natureza da zona. Unha das actividades é unha carreira de 15 quilómetros que terá lugar polos montes do concello. Unha delas está pensada para adultos e outra para os máis pequenos.

Por outra banda os que lle guste camiñar teñen a oportunidade de participar nunha andaina de 13 quilómetros que percorrerá as carballeiras e corredoiras de Sandiás.

A cita deportiva terá lugar o vindeiro 2 de xullo a partir das 16.30h da tarde. Para anotarse é preciso entrar na páxina web GaliTiming.