Limisi recibiu máis de mil euros da recadación do Festival FAX

LIMISI
Limisi recibiu máis de mil euros da recadación do Festival FAX

O Salón de Pleno do Concello de Xinzo de Limia acolleu hoxe o acto de entrega do cheque á asociación Limisi - Diversidade Funcional, co 30% do recadado coas entradas do Festival FAX.

Na mañá de hoxe, o Salón de Pleno do Concello de Xinzo de Limia acollía o acto de entrega do cheque á asociación Limisi - Diversidade Funcional, co 30% do recadado coas entradas do Festival FAX.

Vendéronse case 420 entradas e recadáronse máis de 3.800 €.

Comezou falando o organizador do festival e director de Escena Sonora, José Manuel Freiría, quen agradeceu a resposta popular, a cobertura mediática e as diferentes achegas realizadas polo comercio local. Segundo indicou, vendéronse un total de 417 entradas, mais outras outros 30 convites; o que sinala que se congregaron máis de 440 persoas de público no evento. Coa venda de entradas recadáronse 3.856 €, aos que trala correspondente redución do IVE e dos impostos da SGAE e aplicando o 30%, da como resultado a cantidade a percibir por Limisi, que sería de 976€. Porén, e segundo indicou Freiría, a última hora, a empresa Ambulancias do Carme, ás que se lle contratara o servizo, decidiu non cobrar a factura para que ese diñeiro se lle concedese tamén á asociación Limisi, polo que a transferencia total ascenderá a máis de 1170€.

A intención de Escena Sonora e do Concello de Xinzo de Limia é a de volver organizar o festival o próximo ano.

"Todos os grupos parabenizaron á organización polo traballo e a acollida", sinalou Freiría, quen tamén comentou que a súa intención é "poida haber outra nova edición o próximo ano e nela traballaremos con maior ímpetu".

O alcalde, Antonio Pérez, comezou agradecendo á asociación Limisi e ao coordinador do festival, José Manuel Freiría pola súa aposta. "Por parte do Concello haberá unha segunda edición do Festival FAX con máis tempo e maior capacidade", afirmou o rexedor de Xinzo. A idea do consistorio, así mesmo, é seguir colaborando coa asociación Limisi - Diversidade Funcional.

Os representantes de Limisi alí presentes agradeceron á organización e ao consistorio a súa aposta e a súa colaboración e recibiron, a través dun dos seus membros, o cheque de mans do Concello de Xinzo de Limia e Escena Sonora.