Sorte dispar para os diferentes equipos do A.B Xinzo

As nenas do Benxamín feminino gañaron por un contundente 56 a 5 contra o C.B Allariz. DAL
Sorte dispar para os diferentes equipos do A.B Xinzo
DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ Despois das vacacións de Nadal, o clube de baloncesto limiao voltou a competición federada esta fin de semana,...

DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

Despois das vacacións de Nadal, o clube de baloncesto limiao voltou a competición federada esta fin de semana, cun balance negativo para a maior parte dos equipos das diferentes categorías que conforman o clube da vila de Xinzo.

 O equipo senior do A.B Xinzo desprazouse ata a vila de Verín para enfrontarse o equipo local do Xuventude Verín. O Equipo Limiao comezou o partido titubeante e sen as ideas claras tanto en ataque como en defensa, razón pola que o equipo verinense colleu unha vantaxe de 10 puntos, coa que se marcharía no descanso ós vestuarios. Na reanudación o equipo do A.B Xinzo seguía sen atoparse cómodo na pista, chegando a ter unha desvantaxe de ata 16 puntos, chegando así os últimos dez minutos onde espertaron o xogadores do equipo adestrado por Gonzalo, rozando así a vitoria, pero que finalmente se decantou do lado do equipo local por un resultado final de 49 - 44.

Nas categorías inferiores destacamos as vitorias do alevín masculino contra Blanco Amor por 50 a 38, onde o equipo adestrado por Luis Miguel fixo un partido serio, conseguindo así a vitoria contra o equipo ourensán. O equipo benxamín feminino, adestrado por Gabi, acadou unha contundente vitoria por 56 a 5 contra o C.B Allariz, destacando as boas maneiras das  xogadoras de Xinzo. E finalmente, o equipo cadete masculino, acadou a vitoria no seu desprazamento á capital ourensá, contra o Blanco Amor B por un resultado final de 59 a 61. O equipo cadete empezou relaxado pero finalmente fíxose co control do partido, a pesar de que no último cuarto a relaxación estivo a punto de pasar factura. O peor do partido foi a pequena lesión que sufriu o xogador cadete Iván Vaz, que estaba a ser un dos destacados xunto cos seus compañeiros Joel e Pablo.

Polo que resta das categorías, o equipo cadete feminino, adestrado por Manolo Rodríguez, colleitou unha derrota contra o equipo do Pabellón por 78 a 16, cabe destacar a coraxe das 7 xogadoras que disputaron o encontro contra una dos mellores equipos da súa categoría. O mesmo lle pasou o equipo infantil masculino que caeu derrotado da visita ó colexio de Salesianos, os rapaces de Miguel non tiveron moita fortuna no encontro, e caeron derrotados por 152 a 12. O equipo infantil feminino, adestrado por Óscar, sufriu unha derrota por 31 a 70 contra o Blanco Amor, e para rematar, o equipo benxamín masculino adestrado por Andrés, colleitou unha derrota na visita a Salesianos por 65 a 10. O equipo benxamín mixto, adestrado por Isa, tamén sufriu unha derrota contra o EDO por 40 a 21.