Primeira actuación do programa verán2020
Queixumes dos pinos actuou ante un “selecto” público
Nunha tarde inmellorable de temperatura a praza Carlos Casares, preparada coas medidas de seguridade esixida, recibiu a primeira actuación, do amplo programa do verán cultural da vila de Xinzo.
Primeira actuación post-covid, tanto para a nosa vila como para o grupo Queixumes dos Pinos que agradeceu enormemente que os concellos comecen a programar espectáculos culturais, para que todos, grupos, técnicos, etc, comecen a súa volta a normalidade.
Non máis de catro ducias de veciños e veciñas de Xinzo foron os que se achegaron ata a praza para seguir o concerto de cantigas, todas elas populares, que ofreceron as pandereteiras e pandereteiros do que algún dos seus integrantes é veciño da vila.
Ao final da actuación os compoñentes vaixaron do escenario para agradecer a presenza do público asistente ao concerto.