A Hidrocida Maleica, como inhibidor da brotación na pataca almacenada
Nesta campaña a Conselleria do Medio Rural, a través do Servizo de Explotacións de Ourense en colaboración co Instituto Agrogandeiro (Inorde) de Xinzo realizou un Ensaio da eficacia da Hidracida Maleica.
O obxectivo do ensaio foi estudar o comportamento da hidracida maleica como inhibidor da brotación de tubérculos de pataca e o seu efecto sobre a produción, así como a evolución do contido de hidracida no tubérculo e a posible presenza de residuos.

A hidracida maleica, produto de acción sistémica, está a investigarse como inhibidor da brotación de tubérculos de pataca.
O almacenamento de pataca esixe controlar as condicións en que se realiza, así como impedir a súa brotación, unha vez que superou o perído de letargo.
Coa hidracida conséguese un bo control da brotación, sempre coa condición de cumprir fielmente coas recomendacións de doses e época para a súa aplicación.
As conclusións establecen que a hidracida exerce un claro efecto inhibidor da brotación de pataca durante un período de almacenamento longo, suficiente para satisfacer as esixencias da industria transformadora ata a aparición da pataca da seguinte campaña.
O venres dia 14 de abril ás 10,00 h. nos locais da Sede da IXP Pataca de Galicia realizarase unha xornada de demostración dos resultados e conclusións do ensaio realizado, destinada a tódolos agricultores interesados.