O alumnado do ciclo de cociña do Lagoa de Antela paraticipará no congreso FP INNOVA 2018

210
O alumnado do ciclo de cociña do Lagoa de Antela paraticipará no congreso FP INNOVA 2018

Celebrarase o xoves 26 en Santiago

Os alumnos de FP BÁSICO HOSTALERÍA do I.E.S. LAGOA DE ANTELA, participarán mañá xoves 26, en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura, no congreso FP INNOVA.

Pola mañá, asistirán a unha master class sobre o potencial gastronómico da ortiga – estruga. Pola tarde, na realización de talleres gastronómicos con nenos " COA COMIDA TAMÉN SE XOGA". Un dos talleres será sobre pans tradicionais de Galicia e os nenos, despois de coñecer unha bica, unha broa...etc.. elaborarán un PETOLO que era un tipo de pan que antigamente se elaboraba nos fornos comunais dalgunhas aldeas da Baixa Limia, que incluía touciño e chourizo e se lle daba aos nenos.

Outro dos talleres consistirá en decorar galletas. Esta participación enténdese dentro da selección de actividades de investigación e divulgación promovidas pola Asociación cultural As Ortigas, cuxo presidente, Martín Álvarez é profesor técnico de formación profesional na especialidade de cociña. Así, dende a Dirección Xeral de FP fixáronse neste esforzo e seleccionárono para concorrer no calendario de actividades desta edición.

Para avanzarlles o alcance deste certame, recorremos ao texto que o conselleiro de cultura e educación poñía no seu perfil de facebook "A terceira edición do congreso FP Innova Galicia comezará este mércores. Exhibiranse 47 proxectos de 25 centros educativos ( ademais de 10 colaboradores), 30 deles vinculados coa innovación tecnolóxica, científica e didáctica e outros 17 que responden a miniempresas. Na parte de congreso contarase con empresas de relevancia como Urovesa, Televés, Gaerum, Finsa ou Schneider. Ademais, por primeira vez organizaranse obradoiros de robótica, impresión 3D, electrónica, fabricación de drons, madeira, hostalaría e industrias alimentarias.
Cunha previsión de asistencia superior ás 8.000 persoas, FP Innova converterase, por terceiro ano consecutivo, no maior escaparate dos últimos avances de innovación que se están desenvolvendo nos centros, uns proxectos adaptados aos novos retos dá sociedade e ás demandas dos sectores produtivos galegos.