Sandiás dispón de tres vivendas para aquelas persoas con menos recursos económicos
O prazo para solicitar unha destas casas remata o 23 deste mes
Aquelas persoas que se atopen nunha situación complicada que lle impide o pago dun aluguer poderán optar a estas tres vivendas. Dúas das casas sitúanse na antiga escola de Piñeira de Arcos e a outra na antiga escola de Couso da Limia.
A convocatoria sae publicada no Boletín Oficial de Ourense do día de hoxe e o prazo para presentar solicitudes remata o 23 de setembro.
As persoas que desexen optar a estas vivendas deben cumprir unha serie de requisitos. Algúns deles son ser maior de idade e veciño do Concello de Sandiás, de nacionalidade española ou contar cun permiso de residencia vixente de todos os membros da unidade familiar. Os solicitantes teñen que estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e non ter débedas no Concello.
A documentación precisa para a solicitude de vivenda é a fotocopia do DNI, certificado de empadroamento da persoa solicitante e das que convivan con ela, certificado catastral de bens de natureza urbana que permita determinar a existencia de vivenda ao seu nome., fotocopia da declaración do IRPF e certificado de non ter débedas co concello.
Tras presentar todo o preciso no Concello de Sandiás, os servizos sociais serán os encargados de elaborar os informes e a Xunta de Goberno Local decidirá quenes serán os inquilinos.