O Grupo Popular celebrou hoxe unha reunión en Xinzo

Os deputados do Grupo Popular no Museo Galego do Entroido 02
O Grupo Popular celebrou hoxe unha reunión en Xinzo
Os deputados do Grupo Popular trasladáronse hoxe ata Xinzo , onde celebraron a habitual reunión dos luns.

Os deputados do Grupo Popular trasladáronse hoxe á localidade ourensá de Xinzo de Limia, onde celebraron a habitual reunión dos luns preparatoria neste caso das cuestións que proporán mañá na Xunta de Portavoces para a súa inclusión na orde do día do Pleno da vindeira semana.

DESESTACIONALIZAR O TURISMO

Ademais desta reunión, na que os deputados populares fixeron un repaso das actuacións que a Xunta está a levar a cabo en Xinzo de Limia, visitaron, en compañía do Presidente do PP de Ourense, José Manuel Baltar, e do portavoz do PP en Xinzo de Limia, Antonio Fernández Veiga, o Museo Galego do Entroido e a exposición “Os mundos de Carlos Casares”, guiados polo irmán do insigne escritor galego.

Pedro Puy salientou que o entroido de Xinzo está considerado como o máis largo do mundo (deu comezo do 28 de xaneiro co Petardazo e rematará o vindeiro 26 de febreiro co Domingo de Piñata) e conta coa declaración como de interese turístico internacional, un recoñecemento conseguido en 2019 sendo concelleiro de Cultura actual deputado popular Carlos Gómez Salgado.

Visita ao museo de Carlos Casares acompañados do irmán do escritor

“Queremos felicitar aos organizadores, colaboradores e participantes neste entroido de Xinzo, porque mantendo estas tradicións ano tras ano conseguen non só conservar e impulsar as tradicións populares de Galicia, senón conseguir unha fonte importante de ingresos para a economía local”, sinalou o portavoz popular.