AFFOU beneficia a máis de 90 personas co Programa de Atención Especializada para Persoas con Discapacidade.

Membros de AFFaor
AFFOU beneficia a máis de 90 personas co Programa de Atención Especializada para Persoas con Discapacidade.
Este programa é posible coa cofinanciación da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social” e grazas á xestión de COGAMI.

A Asociación de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense, AFFOU, executa este programa a máis de 90 persoas con fibromialxia e/ou síndrome de fatiga crónica da provincia de Ourense. A través do mesmo, dende AFFOU queren mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por fibromialxia e síndrome de fatiga crónica, coa atención integral das súas necesidades. Para elo ofrece atención dnde diferentes áreas: atensión social, atención psicolóxica e terapias físico-rehabilitadoras. Para poder levalo a cabo, AFFOU conta cunha cofinanciación da Xunta de Galicia da convocatoria de subvencións que as persoas contribuíntes derivan marcando a X Solidaria na declaración da renda, a través da Conferedación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

foto2

A fibromialxia e síndrome de fatiga crónica son dúas enfermidades diferentes, pero cunha forma de presentación e síntomas similares de diagnóstico clínico. Ambas, son enfermidades de causa descoñecida, crónicas e sen cura na mediciña actual, que teñen efectos invalidantes para o traballo e as tarefas cotiás, extremadamente negativos na esfera laboral, social, familiar e económica de quen a padecen.

Asociación de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense (AFFOU). Entidade sen ánimo de lucro constituída no ano 2003, co obxectivo de dar una resposta integral ás demandas e necesidades dos/as afectados/as por fibromialxia, síndrome de fatiga crónica e sensibilidade química múltiple e aos seus familiares, conseguindo desta maneira una mellora na súa calidade de vida. AFFOU forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI