Homenaxe a Kepa Junkera en Xinzo
Os amantes e practicantes da música folk fanlle esta mañá unha homenaxe a Kepa Junkera
Hoxe, a partir das doce e media, a Casa da Cultura de Xinzo, prestará o seu escenario, para escenificar o agradecemento dos amantes e practicantes da música folk ao músico e cantautor Kepa Junkera que tantas veces colaborou desinteresadamente con eles.
Acompañarán aos organizadores, todos eles da Limia, outros amantes da música e gaiteiros, como representantes dos boteiros de Viana, entroideiros de Laza, etc.
PRESENTACIÓN DO SEU ÚLTIMO LIBRO
Kepa Junkera fará a presentación do seu último libro RENACER -BERPIZTU que está baseado no proceso que tivo que levar o autor, despois de sufrir un ictus e ter que empezar outra vez dende cero, na súa vida.
Como non podía ser doutra maneira no acto haberá poesía, pero sobre todo música.