Os adornos reciclados dos nenos de Xinzo xa locen na Rúa San Roque.
00:00 10/02/17
00:00 10/02/17
Pais, nais e alumnos dos CEIP de Xinzo fixeron este traballo.
As ANPAS e os alumnos dos CEIP de XInzo de Limia Carlos Casares e Rosalía de Castro elaboraron uns adornos de Entroido con material reciclado.
Como xa se anunciara na presentación oficial do programa do Entroido 2017 –que tivo lugar no Museo Galego do Entroido–, estes adornos feitos por pais, nais e pequechos, foron colocados na Rúa de San Roque.
Un total de 120 metros de corda con material reciclado –e moito trabalo por detrás– adornan agora esta céntrica rúa de Xinzo. Permanecerán colocados durante todo o Entroido.