“Todos os dereitos. Todas as mulleres. Todos os días"

Casa do Concello de Xinzo de Limia. | FOTO: Recuperada.
“Todos os dereitos. Todas as mulleres. Todos os días"
1º certame de relato breve con motivo do 8M

O Concello de Xinzo convoca o primeiro certame de relato breve con motivo do Día Internacional da Muller, que leva por título “Todos dos dereitos. Todas as mulleres. Todos os días”.

A convocatoria é aberta e as obras deben versar sobre o feminismo e a súa historia, o valor da igualdade e da non discriminación por razón de sexo, a axenda pendente das mulleres, as mulleres no mundo e as mulleres que fixeron e fan historia.

Os traballos deberán ser inéditos, escritos en galego, cunha linguaxe non sexista e cunha extensión que non deberá superar as dúas páxinas de letra arial de 12 puntos con entreliñado normal. O prazo de presentación rematará o 13 de marzo ás 23:59 horas, establecéndose dúas categorías: xuvenil (de 12 a 18 anos) e adulta (maiores de 18).

As bases poden se consultadas na páxina web do Concello de Xinzo de Limia ou ben a través das redes sociais municipais (facebook e twitter).

Para ver as bases do concurso, prema aquí