Ovos de Pascua con agasallos no café-bar Bando´s de Xinzo
18:22 22/03/16
18:22 22/03/16
Tomar algo no café-bar Bando´s durante a Semana Santa ten premio para aquelas persoas que sexan máis enxeñosas.
Ata o domingo día 27 de marzo estarán agochados ovos de Pascua por todo o local. A clientela que os encontre será premiada cun agasallo que vai dende un almorzo de balde ata unha consumición.
Baixo o nome de "a caza do ovo", o café-bar Bando´s quere premiar á xente que se pase polo establecemento para gozar destas datas festivas.