Granxa totalmente calcinada polas lapas en Xinzo

Estado en que quedou a granxa
Granxa totalmente calcinada polas lapas en Xinzo
Non houbo que lamentar vítimas.

Un incendio declarado nunha explotación porcina situada no lugar de Moreiras, en Xinzo de Limia, deixou danos nas instalacións, sen que ningunha persoa nin tampouco ningún animal resultase afectado. Concretamente, o lume calcinou a escuma do tellado da granxa e, no interior, derretéronse varias portas. O 112 Galicia recibiu a alerta do incendio ao fío das dúas da tarde, a través da chamada de varias persoas particulares.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse unha dotación de bombeiros do parque de Xinzo, da Policía Local, Prtotección Civil de Xinzo e unha ambulancia do 061. Tamén colaboraron na estinción do lume medios do distrito forestal da zona.