No Nadal volve o enxeño

164
No Nadal volve o enxeño

Chegadas estas festas entre a lotería do 22, as rifas para festas, as excursións dos colexios e cestas de nadal, todo está fiado a diosa fortuna.

Pero dentro de todas estas modalidades, aínda hai alguén que lle da unha \“volta de folla\”.

Isto sucede coa \“simpática \” administradora do bar As Portadas de Morgade, que cambiou as rifas da típica cesta chea de produtos derivados do porco, por o porco enteiro.

Nin máis nin menos por 5 euros\”de nada\” podes vir para a casa cun porco de 100 Kg. O problema non solo é que toque, que cada un ten un 1% de posibilidades por cada papeleta. A papeleta, venlle despois si vive nun terceiro sen ascensor, porque seica que o porco entrégase vivo.

O éxito da rifa foi tal, que xa van papeletas para dous exemplares. Parabén os afortunados e que haxa sorte coa residencia dos afortunados/as.