O PP denuncia o estado calamitoso das rúas empedradas

86872486_10218522976178863_4132874890946543616_n
O PP denuncia o estado calamitoso das rúas empedradas
Por este motivo xa houbo un accidentado no domingo Corredoiro

O calamitoso estado das rúas empedradas da nosa vila fixo que o pasado domingo se producise un accidente dun veciño mentres participaba no Corredoiro.

A principio de decembro o Grupo de Goberno, saíu na prensa anunciando que acometía obras de conservación e rehabilitación do “Casco Vello” de Xinzo de Limia; pero como sempre moita foto e pouco resultado. Ademais a Alcaldesa fixo un comentario despectivo sobre a subvención concedida do Plan Hurbe.

87034017_10218522976578873_1220866852142448640_nPero metidos de cheo nos festexos do Entroido, atopamos que as rúas principais teñen deficiencias, deficiencias que non se arranxaron en decembro, e deficiencias que están por non levar adiante o Plan Hurbe, que en marzo do ano pasado deixou pactado o anterior goberno coa Xunta de Galicia.
350.000,00€ que están aprobados para “humanizar o Casco Vello” e que o goberno de Dna. Elvira nin se preocupou de levar adiante antes do primeiro Entroido con categoría internacional. Agora tras o accidente do domingo din que están co proxecto; Qué fixeron o tempo que levan de mandato para non telo preparado e executado?

Unha vez máis o goberno municipal demostra unha enorme deixadez e unha ineficacia operativa a fronte do noso Concello. Hai un dito popular que di “Es como o xabarín, nin comes nin deixas”; o mesmo que Alcaldesa e os Concelleiros de goberno, nin xestionan o que outros ben lle deixaron nin xestionan o que eles teñen. Deixadez e Ineficacia.