Rairiz de Veiga volverá a ser o espazo do tradicional combate entre mouros e cristiáns

Presentación da "Romaría da Sinza" no Pazo Provincial. Participan Rosendo Fernández (Deputado e Presidente do INRODE), Asunción Morgade Rúa (Alcaldesa de Rairiz de Veiga), Diego Veloso Javier (Representante do ataque de Moros e Cristiáns)
Rairiz de Veiga volverá a ser o espazo do tradicional combate entre mouros e cristiáns
Trátase dun evento cun “forte arraigo popular” no que o principal protagonista do mesmo é a veciñanza do municipio, que recrea a súa historia dun xeito “auténtico”,

O Concello de Rairiz de Veiga volverá a ser o escenario do tradicional combate entre mouros e cristiáns o vindeiro domingo, 24 de setembro, que reunirá a miles de persoas como cada ano. A presentación da romaría da Saínza tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández; da alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade; do presidente da Asociación “Amigos da Saínza”, Julio Domínguez; e en representación do bando mouro o seu capitán, Diego Veloso.

Trátase dun evento cun “forte arraigo popular” no que o principal protagonista do mesmo é a veciñanza do municipio, que recrea a súa historia dun xeito “auténtico”, converténdoa nunha das últimas grandes festas do verán ourensán, destacou Rosendo Fernández.

Celebración declarada de interese turístico

Ademais, o goberno provincial mantén o seu compromiso con esta senlleira celebración, declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia no ano 2000, e na que o combate entre mouros e cristiáns remóntase ata o ano 1840.

A romaría ofrecerá un variado programa de actividades, do 21 ao 24 de setembro, dirixido a todos os públicos, mesturando historia, tradición e modernidade. A alcaldesa de Rairiz de Veiga animou á xente “a gozar un ano máis da Saínza e da súa contorna natural”.